Galiza co Galego procura apoios para a súa rede de escolas infantís

A asociación Galiza co Galego quere poñer en marcha no próximo curso unha rede de escolas infantís privadas que garantan o uso da lingua galega, para o que buscan o apoio de persoas que queiran contribuír ao seu proxecto

Segundo se sinala no último punto do texto para apoiar que está publicado no blog dun dos impulsores da iniciativa (http://limiargalego.blogspot.com), “Tendo en conta que a asociación popular Galiza co Galego contará con asociados nun número inicial de 3.000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular Galiza co Galego, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución”.

Deste xeito, a comisión promotora desta iniciativa quere chegar aos 3.000 apoios, cos que así xuntar os fondos suficientes para poñer en marcha a rede.

Nestes momentos os apoios andan polos 2.500 e, segundo informa o día 23 de marzo Xornal de Galicia, a comisión promotora está reuníndose con diferentes escolas privadas para proporlles que entren a formar parte desta rede e, segundo as súas previsións, contan con “ter 20 centros asociados no vindeiro curso”.

Máis información sobre este proxecto no blog http://limiargalego.blogspot.com.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio