Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos
Nas case tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar Galiza. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas.
Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos, busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.
Información completa no web da AIEG >
DATAS: do 12 ao 14 de setembro de 2012
LUGAR: Universidade de Cardiff/Caerdydd. Gales
PRAZA DO MATRÍCULA: ata o 3 de setembro (con desconto, ata o 15 de xullo)
PREZOS:
-Socios/as da AIEG sen comunicación: de balde
-Non socios/as da AIEG sen comunicación: 60 €
-Comunicación de socios/as da AIEG, ata o 15 de xullo: 50 €
-Comunicación de non socios/as da AIEG, ata o 15 de xullo: 150 €
-Comunicación de socios/as da AIEG, ata o 3 de setembro: 70 €
-Comunicación de non socios/as da AIEG, ata o 3 de setembro: 210 €
-Descontos: 50% para persoas desempregadas e estudantado de posgrao e 70% para estudantado de grao
Galiza alén do Arco Atlántico. Congreso da Asociación de Estudos Galegos en setembro en Gales
A Asociación Internacional de Estudos Galegos organiza a décima edición do seu congreso internacional, que nesta ocasión leva por título Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos. Terá lugar do 12 ao 14 de setembro de 2012 na Universidade de Cardiff/Caerdydd (Gales)