Segundo os seus propios creadores, Galeteca (www.galateca.com) nace co obxectivo de achegar e mellorar o uso do galego dos usuarios, especialmente o utilizado no mundo das finanzas.
Para isto, a páxina conta cunha serie de apuntamentos de usos lingüísticos, con exemplos prácticos dos usos que os aclaren e ligazóns sobre recursos relacionados coa lingua que facilitarán a súa aprendizaxe.
Galeteca: blogue de Caixa Galicia para mellorar o galego dos seus empregados
O Departamento de Tradución de Caixa Galicia puxo en marcha o pasado mes de agosto unha páxina web, en formato blogue, co obxectivo de achegar e mellorar ou uso do galego dos empregados desta caixa.