Galeguizar Galiza para sermos máis nós

"Consideramos que calquera política que pretenda soerguer os esteos da nosa identidade debe abranxer todos os aspectos que configuran a realidade para implicar á totalidade dos sectores sociais". Esta é unha das declaracións de intencións de Galeguizar Galicia, un novo sitio web que recolle a actividade de diversas pequenas entidades que traballan pola normalización lingüística en varios ámbitos singulares.

Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Irmandade Xurídica Galega, Fundación Lois Peña Novo, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Asociación Álvaro das Casas e Foro Enrique Peinador. Estas son as seis entidades que amosan a súa actividade en Galeguizar Galicia, co obxectivo de facer visíbel na rede o traballo na procura de dinamizar en distintos ámbitos políticas lingüísticas que contribúan a normalizar o noso idioma.

A través dese novo espazo na rede pódese consultar información das singulares accións e actos desenvolvidos por esas entidades, como por exemplo Galicia vista polo dereito; En galego, agora e sempre; acto fundacional da Irmandade Xurídica Galega; Conversas no Ribeiro; Encontros do Foro Enrique Peinador; En galego, con total seguridade; etc.

Ademais, tamén se poden descargar algunhas das curiosas publicacións impulsadas por eses entidades, como por exemplo En galego, con total seguridade [.pdf] (con declaracións a prol do uso do galego nos corpos e forzas de seguridade por parte de, entre outros/as, políticos/as como Javier Losada, Corina Porro, Juan Juncal, etc.); En galego, agora e sempre [.pdf] (con mandas testamentarias de máis dun cento de persoas); A fala dos viños [.pdf]; Refráns da xustiza [.pdf]; Palabras da terra [.pdf]; etc.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio