#galegoempresas, plataforma para localizar o galego nas empresas de Santiago de Compostela, Ames e Teo

Grazas á colaboración dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, nace #galegoempresas, unha plataforma para visibilizar os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.

Os concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo contan desde hoxe cunha nova ferramenta para traballar na promoción do uso e prestixio da lingua no ámbito socioecnómico. A plataforma #galegoempresas compila información sobre as empresas dos tres concellos que ofrecen produtos e servizos en galego.

Cun deseño atractivo e de fácil consulta, podemos coñecer de maneira rápida e práctica a oferta existente, localizala e valorala. Desta forma, a plataforma contribúe a “darlle visibilidade e un valor engadido a quen ten a nosa lingua en conta“.

A plataforma inclúe ademais ferramentas e recursos lingüísticos, a opción de que as empresas fagan un autodiagnóstico lingüístico e a posibilidade de inscribírense na plataforma, pois é un directorio aberto a novas incorporacións.

Por outra parte, a reunión das empresas nunha plataforma única facilitará a planificación de accións dirixidas ao sector socioeconómico en materia de lingua.

Esta plataforma complementa outras iniciativas para o ámbito socioeconómico coma o Premio Manuel Beiras, Fotolingua ou o Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames.

Plataforma #galegoempresas

Vídeo de promoción
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio