Galego: a forza do noso amor. Comeza o Correlingua 2010

Entre o 3 e o 14 de maio, arredor de 45.000 rapazas e rapaces percorrerán as rúas de 14 vilas e cidades galegas na carreira lúdico educativa Correlingua. Logo de todas as actividades e concursos previos, chega a carreira final, con máis actividades, animación e actuacións de grupos como Chévere, Machina, García MC, Fantoches Baj ou Pinto de Herbón e Luís O Caruncho

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O Correlingua, que chega á súa décima edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

O Correlingua está organizado pola AS-PG, a CIG-Ensino, a Mesa e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta coa colaboración de ducias de concellos máis e doutras moitas entidades.

Previamente ás carreiras fin de festa que teñen lugar agora, centos de centros de ensino implicáronse en diversas actividades preparativas e concursos, como a elaboración do manifesto, que fixo o IES Porta da Auga de Ribadeo, concurso de banda deseñada, de pancartas, etc.

Ademais, nesta edición houbo por vez primeira un concurso de música en galego, o Cantalingua, ao que se presentaron 38 temas. Os gañadores, que actuarán nos actos fin de festa de diversas carreiras, foron Machina, García MC e Kastomä.

Calendario completo do Correlingua 2010 >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio