Neste ano 2017 conmemóranse os 25 anos da aprobación da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, período suficientemente extenso como para poder avaliar a súa repercusión e a súa actualidade. Neste contexto, o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Consello de Europa, organiza o Foro de debate sobre o impacto da Carta no Estado español.
O principal obxectivo deste evento consiste en abrir un espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. Para tal fin, o Foro conta con representantes de cada unha das linguas rexionais ou minoritarias cubertas pola Carta, isto é, en orde alfabética: amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Estremadura).
PROGRAMA
XOVES, 29 DE XUÑO
9:00 h. Inauguración
– Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega)
– Sixto Molina (Consello de Europa)
– Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística)
– Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega)
– Fernando Ramallo (coordinador do Foro / Universidade de Vigo)
9:30 h. Artigo 7. Linguas sen recoñecemento oficial: 1
– Asturiano (Asturias): Carlos Pulgar García (voceiro da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana)
– Leonés (Castela e León): José Ignacio Suárez García (Asociación Cultural Faceira)
– Galego (Castela e León): Héctor Silveiro (académico correspondente da RAG polo Bierzo)
– Galego (Asturias): Carlos Xesús Varela Aenlle (membro da Real Academia Galega polo Eo-Navia)
– Fala (Estremadura): Tamara Flores Pérez (Universidade da Beira Interior)
– Portugués (Estremadura): Eduardo Naharro Macías Machado (Além Guadiana)
11:30 h. Pausa
12:00 h. Artigo 7. Linguas sen recoñecemento oficial: 2
– Amazige: Mohand Tilmatine (Universidad de Cádiz)
– Árabe ceutí: Francisco Moscoso (Universidad Autónoma de Madrid)
– Aragonés (Aragón): Anchel Reyes (Seminario Aragonés de Sociolingüistica / Seminari Aragonès de Sociolingüística)
– Caló: Juan Francisco Gamella (Universidad de Granada)
– Catalán (Aragón): Javier Giralt Latorre (Universidad de Zaragoza)
– Catalán (Murcia): Antoni Mas i Miralles (Universitat d’Alacant)
14:00 h. Pausa
16:00 h. Artigo 8. Linguas oficiais no ámbito educativo
– Aranés: María Vergés Pérez (Ajuntament de Vielha e Mijaran)
– Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
– Catalán (País Valencià): Adrià Martí-Badia (Escola Valenciana)
– Catalán (Illas Baleares): Joan Melià Garí (Universitat de les Illes Balears)
– Éuscaro (País Vasco): Belen Uranga (Soziolinguistika Klusterra)
– Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
– Galego (Galicia): Valentina Formoso (profesora de ensino secundario)
18:00 h. Pausa
18:30 h. Artigo 11. Linguas oficiais nos medios de comunicación
– Aranés: Xavier Lamuela (Universitat de Girona)
– Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
– Catalán (Illas Baleares): Joan Melià Garí (Universitat de les Illes Balears)
– Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
– Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
– Éuscaro (Navarra): Alberto Barandiaran (Hekimen – Euskal Hedabideen Elkartea)
– Galego (Galicia): Xurxo Salgado (Universidade de Santiago de Compostela / Galicia Confidencial)
20:30 h. Peche
VENRES, 30 DE XUÑO
9:30 h. Artigo 9. Linguas oficiais no ámbito da xustiza
– Catalán (Catalunya): Eva Pons (Universitat de Barcelona)
– Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Balears)
– Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
– Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
– Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
– Galego (Galicia): Elsa Quintas (A Mesa pola Normalización Lingüística)
11:30 h. Pausa
12:00 h. Artigo 10. Linguas oficiais na Administración e nos servizos públicos
– Aranés: María Vergés Pérez (Ajuntament de Vielha e Mijaran)
– Catalán (Catalunya): Eva Pons (Universitat de Barcelona)
– Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Baleares)
– Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
– Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
– Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
– Galego (Galicia): Alba Nogueira López (Universidade de Santiago de Compostela)
14:00 h. Pausa
16:00 h. A monitorización do cumprimento da Carta Europa para as Linguas Rexionais ou Minoritarias
Sixto Molina (xefe da Secretaría da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, Consello de Europa)
16:45 h. Artigos 12-13. Linguas oficiais nas actividades e servizos culturais e na vida económica e social
– Aranés: Xavier Lamuela (Universitat de Girona)
– Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
– Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Balears)
– Catalán (País Valencià): Adrià Martí-Badia (Escola Valenciana)
– Éuscaro (País Vasco): Belen Uranga (Soziolinguistika Klusterra)
– Éuscaro (Navarra): Alberto Barandiaran (Hekimen – Euskal Hedabideen Elkartea)
– Galego (Galicia): Xaquín Loredo (Real Academia Galega)
18:45 h. Pausa
19:15 h. A Carta desde as institucións culturais
– Rosario Álvarez (vicepresidenta do Consello da Cultura Galega)
– Manuel Forcano (director do Institut Ramón LLull)
– Garbiñe Iztueta Goizueta (directora para a Promoción e Difusión do Euskera, Instituto Vasco Etxepare)
20:15 h. Conclusións e peche
A inscrición é gratuíta e o número de prazas é limitado (40 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Máis información e inscrición aquí.
Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias
O Consello da Cultura Galega organiza un foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias con motivo dos 25 anos da súa aprobación. Desenvolverase os días 29 e 30 de xuño na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro).