Formación dunha bolsa de traballo para TNL no Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira publicou no BOP da Coruña de hoxe as bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais.



O Concello de Cedeira abre un proceso selectivo para crear unha lista de contratación temporal ou interina da categoría de técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS DE TITULACIÓN:

Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou outras titulacións de grao/licenciatura sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

SISTEMA DE PROVISIÓN:

Concurso-oposición

DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO:

Fase de concurso: valórase experiencia laboral e formación (até un máximo de 7 puntos)

Fase de oposición con tres probas (até un máximo de 30 puntos):

1. Exame tipo test sobre un temario específico de 30 temas

2. Suposto práctico: tradución do castelán ao galego

3. Entrevista sobre o currículo e as funcións do posto

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

20 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP

Bases completas, en .pdf, aquí.

Modelo de solicitude, en .pdf, aquí.

Esta convocatoria súmase a outras que xa anunciamos durante este mes de agosto: bolsas de contratación no Grove e en Ferrol e novas prazas na Coruña e en Castrelo de Miño e Baños de Molgas.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio