Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación en lingua galega, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela.
O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina.
As entradas teñen un custo de 4 euros (5 o propio día do concerto). Tamén se pode colaborar cunha achega de 10 euros a través da fila cero.
Festival para apoiar os medios en galego en Santiago o 27 de abril
Vitaminas para o Galego organiza un festival o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento, que terá lugar na Gentalha do Pichel, inclúe recital e concerto