Festival en Compostela para mostrar que o galego éMundial

A Associaçom Galega da Língua (Agal) cumpre 30 anos neste 2011, e para celebralo organiza, entre o 4 e o 9 de xullo en Santiago de Compostela, o festival éMundial, unha semana de eventos para mostrar que a lingua galega é así, mundial

Música, mesas redondas, vídeo, gastronomía, obradoiros de lectura ou roteiros gastronómicos son algunhas das propostas que acolle o festival éMundial durante a segunda semana de xullo en espazos como San Domingos de Bonaval, a Borriquita de Belén, As Dúas, a Casa das Crechas ou a Sala Nasa.

Por éMundial desfilarán persoas que falan a lingua da Galiza con diferentes sabores e musicalidades. Así, xente chegada de Angola, de Portugal ou do Brasil, xunto con galegos e galegas de diferentes ámbitos e o público que participe no evento, porá de relevo o valor internacional da lingua galega e a diversidade e riqueza que atesoura.

Durante a semana de actividades programadas participarán no éMundial cantores e grupos de música –como Malandrómeda, Tropico de Grelos ou Uxía–, escritoras como Concha Rousia (Galiza) ou Paulo Soriano (Brasil), representantes de festivais como o de poesía do Condado ou de empresas como imaxin|software. Haberá mesas redondas de variada temática, como unha protagonizada por Angola, proxeccións audiovisuais, obradoiros de lectura para nenas e nenos, contacontos e varias sorpresas máis.

Programación completa e máis información no web de éMundial >

Trinta anos da AGAL

Este festival ten lugar polo 30 aniversario da Associaçom Galega da Língua (Agal), asociación sen ánimo de lucro constituída en 1981, que traballa pola normalización lingüística en Galiza e a reintegración no ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio