Música festeira como a do Sonoro Maxín, mariñeira como a de Nordestin@s; infantil como o Tic Tac de Pablo Díaz; novo folk como a de Susana Seivane; tradicional, coral, instrumental, etc. De tod@s. Para tod@s.
Narración oral e humor con Carlos Blanco, As Cantareiras de Ardebullo, Xurxo Souto, Mini e Mero, Xabier P. Docampo, etc. De tod@s. Para tod@s.
Teatro amador e profesional, infantil e para persoas adultas, de rúa e de sala, monicreques, etc. De tod@s. Para tod@s.
Documentais, degustacións gastronómicas, conferencias, ofrendas, premios, artesanía, encontros, conversas, recitais, xogos, obradoiros, presentacións, etc. De tod@s. Para tod@s.
E, como eixo central, a lingua galega, o seu uso, defensa e promoción. O galego, de tod@s e para tod@s.
O Festiletras, unha gran festa da lingua que se celebra en Ponteceso, organizada pola Asociación Cultural Monte Branco e que este ano terá lugar durante nove días, desde o sábado 15 ao domingo 23 de maio.
Toda a información pódese consultar no web www.festiletras.com.
Tamén podes descargar o programa completo en .pdf aquí.
Festiletras 2010. A máis completa festa das letras, en Ponteceso
Do sábado 15 ao domingo 23 de maio Ponteceso acolle unha nova edición do Festiletras. Nove días de festa, música de todos os estilos, literatura para todos os gustos, humor, teatro, narración oral... e, sobre todo, lingua, moita lingua. A Asociación Monte Branco organiza, un ano máis, o Festiletras