Ruadas con Airinhos do Maycar, actuación de Cé Orquestra Pantasma, obradoiros de teatro ou feira do libro galego son algunhas das actividades que inclúe a Festa do 17 que se fai… o 12 de maio en diferentes lugares de Santiago de Compostela organizada pola Gentalha do Pichel.
E, pola noite, concerto de As avoas filólogas e Sacha na horta, ás 22.30 h, no local da Gentalha.
Info completa, aquí >
Festa do 17 que, en Compostela, se fai o 12
Un ano máis, a Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela organiza a Festa do 17 que se fai... o 12, con animación musical todo o día, libros, contacontos, obradoiros, charlas e concerto