Ferrolconlingua.com. O proceso de normalización lingüística de Ferrol na rede

Ferrol con lingua é un novo web deseñado para difundir as accións de promoción da lingua galega que se desenvolven desde o Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol

O Gabinete de Normalización Lingüística (GNL) do Concello de Ferrol impulsa o web www.ferrolconlingua.com para difundir e dar a coñecer as actividades de promoción da lingua galega.

A través deste espazo pódese acceder a información sobre accións de promoción lingüística dirixidas ao mundo do deporte, accións para os mercados, ou as accións para a mocidade e o ensino.



Desde o GNL de Ferrol traballan para procurar unha implicación real dos grupos de traballo, das entidades, das asociacións, das persoas interesadas en participar. Todo isto impulsado desde o Consello Municipal da Lingua, órgano de asesoramento en materia de política lingüística.

A idea, dinamizar o uso de idioma en espazos visíbeis, estratéxicos…

En Ferrol con lingua pódese acceder a información sobre as accións no ámbito sociocultural (ensino e mocidade, deporte, infancia e toponimia), no socioeconómico (campaña de promoción lingüística nos mercados) e no da propia administración.

Ademais, tamén conta con outros espazos e apartados, como En Ferrol fálase, que recollerá unha serie de entrevistas ás persoas representantes dos sectores sociais aos que se dirixen as distintas actividades de dinamización municipais. A primeira das entrevistas, xa publicada, foi co xerente do FC Racing de Ferrol e, nuns días, poderase ver a dos rapaces e rapazas participantes no XI Festival A Mocidade coa lingua, que tivo lugar o pasado 18 de xuño.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio