FalaRedes, actividades para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Como herdeiro do programa Bocaberta, nace FalaRedes, actividades de dinamización que a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística

Galego de cine, Titerehop e O señor das dunas son as tres actividades que conforman o programa FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza en exclusiva para os concellos que forman parte da súa Rede de Dinamización Lingüística.

Galego de cine baséase na Caixiña de mistos que xa percorreu nos últimos anos os concellos galegos, e que proxecta curtas de animación en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Titerehop consiste nun obradoiro para adolescentes de 12 a 18 anos centrado no hip hop e con monicreques.

O señor das dunas é un espectáculo de contacontos con ilustración en directo feita con area.

FalaRedes levarase adiante en máis de 90 entidades locais e consta destas tres actividades que se desenvolverán en 250 sesións.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio