Con esta nova actividade, a Concellaría de Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa quere contribuír ao ensino de idiomas dun xeito fundamentalmente divertido, xa que todas as actividades que se van desenvolver realizaranse a base de xogos adaptados ás diversas idades dos participantes.
Contacontos, cancións, representacións teatrais, lecturas e debuxos serán as ferramentas que se utilizarán nestas xornadas bilingües de dinamización das linguas.
O “Fala well” desenvolverase no pavillón do colexio do Piñeiriño do 25 de agosto ao 5 de setembro, de luns a venres e en horario de 10.30 a 13.30 horas. Un total de 25 nenos e nenas poderán participar nesta actividade.