Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística

O pasado 25 de febreiro de 2012 tivo lugar o acto de ingreso de Henrique Monteagudo como académico numerario da Real Academia Galega, no que leu o discurso Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística, que se pode descargar nesta nova

O discurso que Henrique Monteagudo elaborou para o seu acto de incorporación á RAG leva por título Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística [.pdf], no que argumentou con rigor que a normalización lingüística do galego non só non é incompatíbel coa liberdade lingüística dos falantes, senón que é condición imprescindíbel para o pleno exercicio desta. En xeral, a idea que estivo latente ao longo de todo o discurso foi a de que a actual crise do proceso (e tamén do concepto) de normalización lingüística está directamente relacionada coa crise do autogoberno, que é realmente o que hoxe está en cuestión.

O discurso pode descargarse en .pdf a través do web do CDSG, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio