Facebookeando e twitteando desde os departamentos de normalización? Si, claro! Novo curso da CTNL

Co obxectivo de mellorar a comunicación do proceso de normalización lingüística a través das redes sociais e blogs, a CTNL convoca un curso para SNL, ENDL, asociacións e empresas que terá lugar os días 9, 10 e 16 de novembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición estará aberto do 19 ao 27 de outubro

O Curso de comunicación en blogs e redes sociais para a normalización lingüística que convoca a CTNL está dirixido principalmente a traballadores/as de servizos de normalización lingüística, traballadores/as de asociacións, empresas e outras entidades relacionadas coa normalización e membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino, así como a todas aquelas persoas interesas en traballar pola normalización da lingua.

Cunha duración de 20 horas, terá lugar o venres 9 de novembro pola tarde, o sábado 10 todo o día e o venres 16 pola tarde na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

Os principais contidos que se tratarán serán a importancia e xestión dos blogs como ferramenta para SNL, ENDL e campañas de normalización; a xestión, interactuación e optimización da comunicación a través de Twitter; e a xestión, perfís e páxinas, comunicación, aplicacións, fidelización, etc., en Facebook.

O curso estará impartido polo xestor de redes e técnico de normalización lingüística Iván Méndez López (T: @eche_o_que_hai F: ivan.mendez.lopez), e pola mestra e dinamizadora sociolingüística Olga Patiño Abeixón (T: @nasas09 F: nasadasrias).

O prazo de inscrición estará aberto desde o 19 de outubro ás 10.00 h e até o día 27.

Información completa e inscrición, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio