Eucaliptos e plurilingüismo

OPINIÓN: por Nel Vidal

Que cómpre facer pola biodiversidade? Plantarmos eucaliptos e sequoias nos montes galegos ou contribuírmos a esa biodiversidade conservando as nosas árbores propias?

Como se pode dicir que se quere fomentar o plurilingüismo impoñendo aquí o uso do castelán? Non é iso fomentar o monolingüismo?

Prohibir o uso do galego nas matemáticas, que é máis que buscar o unilingüismo?

Que cómpre, entón, facer polo plurilingüismo desde Galiza? Impoñer o castelán ou contribuír a ese plurilingüismo conservando a nosa lingua propia?

As persoas que queremos a plena normalización do galego somos as únicas que realmente queremos unha sociedade plurilingüe. Somos as que queremos un estado español plurilingüe, unha Europa plurilingüe.

E son as que enchen a boca falando de bilingüismo, de plurilingüismo e de liberdade para xustificar a imposición do castelán no ensino as que o que realmente queren é unha (grande e libre) España monolingüe.





Artigo escrito para o número de setembro 2010 de A Peneira
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio