Eu falarei!
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Chapela de Redondela lanza unha mensaxe de compromiso e esperanza para o futuro do galego a través do lipdub Eu falarei, que xa é todo un éxito nas redes sociais
Este é un traballo colectivo desenvolvido pola comunidade educativa e a veciñanza de Chapela no que participaron máis de 400 persoas.