Estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística

En liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 2020
Listaxe de persoas admitidas, en .pdf

PRESENTACIÓN

A finalidade desta actividade formativa é dotármonos de estratexias e ferramentas para mellorar a comunicación do traballo de normalización da lingua, tanto facendo uso dos medios de comunicación convencionais como creando medios propios.

OBXECTIVOS

– Comprender a realidade dos medios de comunicación en Galicia

– Entender os conceptos de cultura e identidade corporativa

– Entender o funcionamento dos departamentos de comunicación institucional

– Deseñar plans estratéxicos de comunicación para institucións locais

– Adaptar a comunicación aos distintos públicos de interese

– Desenvolver habilidades para a relación cos medios de comunicación

– Entender os procesos de contratación de publicidade

– Optimizar a capacidade de xestión dos medios dixitais propios dos SNL

– Desenvolver habilidades para crear contidos de interese para os medios dixitais

– Capacitar para crear un social media plan

– Comprender os resultados das estratexias implementadas

CONTIDOS

O curso combinará contidos teóricos con exercicios e actividades prácticas, todo adaptado á realidade do traballo de normalización da lingua, especialmente en SNL. Os contidos distribúense en tres bloques temáticos:

I. Conceptos básicos sobre estratexias de comunicación

1.1. Comunicación e medios

1.1.1. Conceptos básicos para a creación de estratexias de comunicación

1.1.2. Panorama xeral dos medios de comunicación en Galicia

1.2. Comunicación e institucións

1.2.1. Cultura corporativa e estratexia política

1.2.2. Identidade corporativa: marketing, branding e outros conceptos

1.2.3. Comunicación interna e externa

1.2.4. Funcionamento dos departamentos de comunicación

1.3. Plans estratéxicos de comunicación

1.3.1. O procedemento estratéxico: técnicas e deseño

1.3.2. Elementos básicos da estratexia: obxectivos e posicionamento

1.3.3. O públicos de interese

1.3.4. A axenda estratéxica

II. Estratexias de comunicación convencionais

2.1. Os medios gañados

2.1.1. A relación cos medios de comunicación

2.1.2. Ferramentas de comunicación

2.2. Os medios pagados

2.2.1. A xestión da publicidade

2.2.2. Ferramentas de comunicación

III. Estratexias de comunicación dixitais

3.1 Comunicación en contornas dixitais

3.1.1. Dinamización e xestión de plataformas

3.1.2. Viralización

3.2. Estratexias de contidos (branded content e brand journalism)

3.3. Social media plan e community manager

3.4. Monitorización e medición de resultados

As actividades prácticas incluirán:

tarefas de análise sobre a situación comunicativa dos SNL, sobre a audiencia e o seguimento de medios locais, sobre a identidade corporativa, sobre o paso da nota de prensa á información…

exercicios de deseño e elaboración de ferramentas comunicativas: mapas de públicos, plans estratéxicos e de acción, notas de prensa, publicacións en redes sociais, accións coordinadas de comunicación…

DOCENTE

Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria na Universidade de Vigo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola mesma universidade.



Ten tamén experiencia profesional na Radio Galega e nos gabinetes de prensa da Consellería de Xustiza e da Universidade de Vigo.

PERSOAS DESTINATARIAS

– Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)

– Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua

– Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Límite de prazas: 25.

CALENDARIO

Prazo de solicitude de participación: desde o 05/19/2020 até o 16/10/2020, a través do formulario habilitado ao final desta información

– Publicación da listaxe de persoas admitidas: 17/10/2020

– Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 18/10/2020 até o 20/10/2020

– Desenvolvemento do curso: 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 2020.

– Horario: de 9.00 a 11.00 h

DURACIÓN TOTAL

14 horas (12 de conexión síncrona e 2 de traballo persoal)

FORMATO DO CURSO

O curso desenvolverase en liña a través da sala virtual da docente no Campus Remoto da Universidade de Vigo:

https://campusremotouvigo.gal/

O alumnado recibirá unha ligazón e un contrasinal para acceder á sala virtual e participar no curso. A sala conta cun cartafol de arquivos e sala de videoconferencia. O uso da sala de videoconferencias é sinxelo e intuitivo e permite intervir por escrito ou mediante a voz.

Necesidades técnicas para participar no curso:

– Equipo informático con navegador e software flash actualizados

– Altofalantes, cámara e micro.

– Conexión estable a Internet e con certa largura de banda.

PREZO

– Para socias/os da CTNL: 25 euros

– Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os non socios/as: 40 euros

– Para non socias/os da CTNL: 75 euros

INSCRICIÓNS

A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 05/10/2020 até o 16/10/2020. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso comunicación”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

– Universidade de Vigo

– Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio