Este xoves 21, folga no ensino e mobilización nacional: “Paremos o decretazo contra o galego”

A plataforma Queremos Galego convoca para este xoves 21 de xaneiro un paro xeral no ensino como contestación ás bases do "Decreto do plurilingüismo" co que o goberno galego quere derrogar o actual decreto do galego no sistema educativo. Ademais, ás 11.30 h haberá unha manifestación nacional en Santiago de Compostela.

Esta folga, convocada socialmente pola plataforma Queremos Galego, que reúne a máis de 600 entidades, está ademais apoiada explicitamente polos sindicatos do ensino galego, como a CIG, UXT, CCOO ou STEG; polas organizacións xuvenís e estudantís, como Galiza Nova, Xuventudes Socialistas, Esquerda Unida Mocidade, Comités, Iesga e Mocidade pola Normalización Lingüística; por organizacións políticas como BNG, PSdeG-PSOE, Esquerda Unida, FPG, etc.; ou por outras entidades directamente vencelladas co ensino, a cultura e a lingua, como, entre outras, AS-PG, A Mesa, AELG, etc.

Ademais da folga, está convocada unha manifestación nacional que partirá ás 11.30 h da Alameda de Santiago de Compostela, para a que haberá autobuses desde diversos puntos do país.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio