Despois das múltiples sentenzas do TSXG que declaran ilegal o imposto Decreto do plurilingüismo e da presentación do proxecto de españolización do ensino coñecido como Lei Wert, desde a plataforma Queremos Galego crese que é o momento de pedir a súa paralización e de dicir que queremos galego tamén no ensino.
Para iso, convócase esta manifestación Pola lingua que nos une
-Saída: 12.00 h desde a Alameda de Santiago de Compostela
-Remate: na Praza da Quintana, onde intervirán diversas persoas do ámbito do ensino e de Queremos Galego, e onde actuará tamén o grupo Zurrumalla e as cantantes Uxía e Sés
Información de autobuses desde diversos puntos para acudir á manifestación>
A mobilización está convocada e organizada por Queremos Galego, e son múltiples as entidades, organizacións, asociacións, plataformas, etc., que chaman a unha participación masiva nela.
Este domingo, tod@s xunt@s en Compostela #polalinguaquenosune
Co lema Pola lingua que nos une, a plataforma Queremos Galego convoca unha manifestación este domingo, día 27 de xaneiro, que terá lugar a partir das 12.00 h en Santiago de Compostela, para pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo e a paralización da coñecida como Lei Wert de españolización do ensino, e na que animamos a participar