Esta formación insírese dentro do programa de dinamización lingüística O galego campa! destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlles recursos aos monitores e ás monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e as rapazas a se expresaren nesta lingua.
O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade
-Número de prazas: 25
–Días: sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril de 2012
-Horario: dende o sábado ás 10.30 h ata o domingo ás 13.30 h
–Lugar de impartición: Albergue xuvenil de Gandarío, Bergondo, A Coruña
Formulario de inscrición no curso O galego campa!>
Contidos do curso
1. Introdución
2. Dinámicas e rutinas habituais nos campamentos
3. Propostas lúdicas para traballar coas palabras
4. O galego campa
5 O traballo lingüístico nas actividades deportivas
O curso é gratuíto e inclúe aloxamento e manutención. As persoas asistentes só precisan levar un saco de durmir, útiles de aseo persoal e toalla.
Materiais O galego campa! 2011 >
Este ano, tamén, O galego campa!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude organizan o curso O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade, dirixido ao monitorado que traballa nos campamentos xuvenís de verán