Este 17 de maio temos que seguir dicindo que Queremos Galego!

Sobran os motivos para seguir dicindo que Queremos Galego. Por iso, convocouse para este 17 de maio unha manifestación nacional que partirá ás 12.00 h da Alameda de Santiago de Compostela

“Non queremos ser estranxeiras na propia patria” é o lema co que a plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CTNL forma parte, convoca a manifestación do 17 de maio, día das letras galegas, para seguir visibilizando que, no proceso de normalización lingüística, queda moito por facer, e que facemos falta todas e todos.

Por iso, desde a CTNL facemos un chamamento para participar nesta manifestación convocada por Queremos Galego e que conta, ademais, co apoio de numerosas entidades de todo tipo.

A saída será ás 12.00 h desde a Alameda de Santiago de Compostela, e a manifestación percorrerá as rúas da cidade para rematar na Praza da Quintana, onde haberá intervecións de diferentes colectivos.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio