Este 17 de maio seguiremos dicindo que Queremos Galego

A plataforma en defensa da lingua Queremos Galego convoca manifestación a prol do galego o 17 de maio, Día das Letras Galegas, en Santiago de Compostela

#17MQueremosGalego

O plenario da Plataforma cidadá Queremos Galego acordou, na reunión que tivo lugar o mércores 21 de marzo, convocar manifestación nacional a prol da lingua galega para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A manifestación sairá ás 12.00 h da Alameda compostelá e rematará na Praza da Quintana.

O lema da manifestación, así como o manifesto, que será redactado por un escritor de recoñecido prestixio, será dado a coñecer proximamente.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio