Equipos de normalización do ensino e SNL do Concello de Pontevedra desenvolven diversas actividades de fomento da lingua

A exposición O galego, tamén noutros mundos chega ao IES Sánchez Cantón. O CEIP Vidal Portela participa en A Natureza á Arte na Illa. Illarte na Natureza e o CEIP Álvarez Limeses estrea a actividade Como lles chamas ás cousas?, para dinamizar o uso da lingua galega entre os escolares de Pontevedra

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Pontevedra e diversos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (SNL) de centros de ensino da cidade desenvolven diversas actividades en colaboración durante estes meses.

A exposición O galego, tamén noutros mundos chega ao IES Sánchez Cantón

A itinerancia desta exposición en Pontevedra está organizada polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos ENDL dos centros de ensino secundario e bacharelato do concello.

O galego, tamén noutros mundos quere amosar a dimensión aberta e internacional da nosa lingua. Para isto, repasa diversas realidades que exemplifican e evidencian a presenza e relación internacional da nosa lingua e, ao tempo, a súa validez, utilidade e dinamismo como ferramenta de comunicación e como marca de calidade, ligada a unha identidade propia e diferenciada –a galega- que se quere manter como tal no mundo globalizado.

O CEIP Álvarez Limeses estrea mañá a actividade Como lles chamas ás cousas?, para dinamizar o uso da lingua galega entre os escolares de Pontevedra a través dos medios de comunicación

Entre os obxectivos desta actividade destacan:

– Dinamizar a comunicación en galego dentro e fóra do centro educativo, especialmente nas familias.

– Incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego.

– Facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua na infancia e na preadolescencia.

– Promover o gusto por descubrir a nosa cultura desde a lingua galega.

– Acadar gusto pola investigación e polo traballo en equipo

– Achegarse á radio como un medio de comunicación próximo, directo e eficaz

– Aproximarse ao traballo dos profesionais dos medios de comunicación

– Asociar o uso activo da lingua galega a espazos de prestixio

Esta actividade está dirixida ao profesorado e alumnado de infantil, primaria e primeiro ciclo de secundaria, xa que os contidos da actividade permiten a adaptación aos distintos niveis educativos. A proposta que a Concellaría de Normalización Lingüística lles fixo chegar aos centros de ensino consiste en traballar contidos arredor do patrimonio inmaterial ou relacionados con calquera área de coñecemento que entren dentro das súas programacións, sempre que sirvan para activar o uso oral da lingua galega no alumnado; deste xeito, poderán traballar toponimia, lendas, contos de tradición oral, escrita ou creados dentro da actividade, entrevistas, vocabulario, coñecemento do medio natural, da historia da cidade ou calquera outro aspecto. Despois, este traballo gravarase, coa colaboración de Onda Cero Pontevedra, e emitirase nun espazo diario polas mañás.

O CEIP Vidal Portela participa mañá en A Natureza á Arte na Illa. Illarte na Natureza



Estes obradoiros son actividades divulgativas sobre valores naturais e culturais no contorno da illa do Covo – Illa das Esculturas, que a Concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha para promover o uso do galego entre os escolares do concello.

Os obradoiros teñen como obxectivos:

– Dinamizar o uso do galego entre a xente nova a través de novos espazos de uso.

– Incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego.

– Facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua.

– Promover as relacións en galego entre o alumnado fóra do ámbito escolar.

– Valorar a lingua galega como un ben propio da nosa cultura.

– Divulgar os valores ambientais e artísticos do contorno da Illa do Covo – Illa das Esculturas.

– Reflexionar sobre a responsabilidade individual e colectiva no tocante á conservación dos espazos públicos.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio