Equilibrio no ensino

OPINIÓN: por Nel Vidal

Artigo publicado no número 505 de A Peneira Se nunha das partes da balanza hai máis peso ca na outra, para intentar equilibrala non se pode incrementar en igual medida a carga de cada lado. Iso só fará estabilizar o desequilibrio.

Por iso é de xustiza social a normalización lingüística, que o goberno da Xunta fai desaparecer, implícita e explicitamente, no que chamaron decreto do plurilingüismo. Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, obriga, impón, sen ningún motivo pedagóxico nin sociolingüístico, que o profesorado teña que abandonar o uso do galego en determinados espazos e retiralo das súas clases, libros, exercicios e exames. Disque, por tradición, as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía obrigatoriamente en castelán…

E, como acadarán as rapazas e os rapaces competencia lingüística en galego sen teren que usalo? Pódese aprender un idioma sen practicalo? Pódese aprender a montar en bici cun manual de instrucións, e sen bici?

Dá igual que non aprendan. Xa anunciaron que, aínda que non se cumpra o obxectivo primordial de acadar plena competencia en galego, o decreto non se mudará. Iso si que é planificación! Xa teñen planificado o que vai pasar, que é, pase o que pase, non mudar o seu unilateral decreto. Porque o importante é manter o equilibrio no ensino. Porque o importante é manter o desequilibrio na sociedade.

E se tamén queren equilibrio na TVG?

Éche o que ten a súa Galicia Bilingüe.

Éche o que ten a súa Liberdade Lingüística.




Artigo publicado no número 505 da edición en papel de A Peneira, correspondente ao mes de xuño de 2010
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio