Envía xa as túas Imaxes para o galego, 2009

Máis un ano, e xa van pola cuarta edición, o portal galego de noticias Vieiros e a aínda orfa Secretaría Xeral de Política Lingüística abriron o concurso "Unha imaxe para o galego" baixo o lema "Imaxes para unha lingua con futuro". O prazo para enviar os traballos remata o 10 de xullo.

Como en anos anteriores, o certame está composto por dúas categorías:



  • Fotografías: en formato .jpg, .png, .gif ou tif, deberán ser apaisadas (1 Mb máximo) e poderán ser reencadradas lixeiramente para adaptalas ao tamaño de publicación. Procúrase a orixinalidade. Cada foto virá acompañada dun título e dun texto explicativo (como moito 250 caracteres) que axuden a contextualizar a imaxe.


  • Vídeos: os traballos deberán ter unha duración curta (recomendamos entre un e dous minutos) e en ningún caso debe de sobrepasar os catro minutos. O autor ou autores poderán optar por enviar obras onde estea ou non presente a palabra. O formato será .flv a un tamaño de 320×240. A liberdade de creación é total e procúrase tamén a orixinalidade.


  • Nas dúas categorías as obras deben responder ás seguintes preguntas: Que significa a lingua para ti? Como animar a usala? Como construírmos unha lingua con futuro?

    Podes consultar as bases e os traballos presentados nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio