O programa de decembro dará comezo o vindeiro día 15 no Carballiño, onde vai actuar Mercedes Peón. O xoves 20 de decembro a cita será en Salvaterra, tamén con Mercedes Peón. Os seguintes encontros terán lugar o 22 de decembro no Milladoiro (Ames), coa participación de Guadi Galego, e o 23 na Illa de Arousa, novamente, con Mercedes Peón.
Nos encontros, as familias reciben tamén cantigas tradicionais e xogos de iniciación que se inclúen na denominada Xeración E Logo!, da que parte os Encontros dos Axóuxeres, e que consiste na entrega a todas as mulleres embarazadas dun maletín con distintas propostas para impulsar a transmisión familiar da lingua.
Encontros dos Axóuxeres tamén no Nadal
Os Encontros dos Axóuxeres continúan durante o mes do Nadal.