A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais de outono terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os/as seus/súas acompañantes.
Para asistir é preciso reservar praza chamando ao teléfono 981 555 930.
· Venres 9 de novembro, 18.00 h, Celanova
· Sábado 10 de novembro, 12.00 h, Boiro
· Domingo 11 de novembro, 18.00 h, Cee
· Venres 16 de novembro, 17.30 h, Sarria
· Sábado 17 de novembro, 12.00 h, Chantada
· Domingo 18 de novembro, 18.00 h, Burela
· Venres 23 de novembro, 18.00 h, Ponteareas
· Sábado 24 de novembro, 18.00 h, Verín
· Xoves 29 de novembro, 18.00 h, O Barco de Valdeorras
· Venres 30 de novembro, 18.00 h, Vilalba
Fonte e máis información: web da SXPL
Encontros dos axóuxeres para bebés e familia
Coa idea de contribuír a animar os pais e as nais a transmitirenlle a lingua aos fillos desde que nacen, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galiza durante o mes de novembro.