Encontro informativo sobre dereitos laborais para técnicos/as de normalización lingüística

A CTNL organiza un encontro informativo sobre dereitos laborais, dirixido aos técnicos e ás técnicas de normalización lingüística das administracións públicas. Terá lugar o xoves 22 de decembro, ás 18.00 h, en Santiago de Compostela

Ante a situación de peche de varios servizos de normalización lingüística (SNL), vía despedimento, vía non renovación de contrato, e o previsíbel peche doutros nas vindeiras semanas e meses, desde a CTNL organízase de modo urxente este encontro para informar a técnicos e a técnicas dos seus dereitos laborais segundo a duración, tipo, cláusulas, etc., do seus respectivos contratos e para resolver posíbeis dúbidas. Neste encontro contamos coa colaboración da Confederación Intersindical Galega (CIG), que nos cede o seu local e que nos facilita un avogado experto na materia, Héctor López de Castro.

OBXECTIVOS

-Informar a técnicos e a técnicas dos seus dereitos laborais segundo a duración, tipo, cláusulas, etc., do seus respectivos contratos

-Resolver dúbidas sobre os dereitos laborais dos técnicos/as de normalización lingüística, nomeadamente ante posíbeis despedimentos, non renovacións, etc.

DESTINATARIOS/AS

-Técnicos e técnicas de normalización lingüística das administracións públicas asociados/as á CTNL

AVOGADO QUE NOS ACOMPAÑARÁ

Héctor López de Castro, do gabinete xurídico da CIG

ASISTENCIA

A asistencia, de balde, débese confirmar previamente no enderezo electrónico info@ctnl.org

DATA, HORA E LUGAR

-DÍA: xoves 22 de decembro

-HORA: 18.00 h

Sede da CIG. Rúa de Manuel Ferro Caaveiro 10.

San Lázaro (Fronte ao Palacio de Congresos). Santiago de Compostela

Podes descargar aquí esta información en .pdf >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio