Encontro de mocidade con lingua minorizada, en xullo en Gazteiz

A Facultade de Letras de Gasteiz acolle do 19 ao 22 de xullo de 2011 un encontro europeo de mozas e mozos falantes de linguas minorizadas, organizado no marco do Plan do Euskera e do Plan de Mocidade do Concello de Gasteiz. A asistencia e aloxamento son de balde

Durante o mes de xullo (do 19 ao 22 de xullo de 2011) reuniranse en Gasteiz, Euskadi, mozas e mozos do estado español e doutras rexións europeas con lingua minorizadas.

Este encontro está organizado entre o Plan do Euskera e o Plan de Mocidade do Concello de Gasteiz, e conta coa colaboración do Goberno Vasco e da Universidade do País Vasco, así como do Diario de Noticias de Araba, Berria, Eitb e Radio Vitoria, ademais doutras entidades públicas e privadas de diferentes rexións.

A participación, aloxamento e manutención é de balde para as mozas e os mozos participantes.

O programa buscará a implicación activa dos/as mozos/as e a reflexión arredor da lingua, o intercambio de experiencias, o encontro, a participación en actividades, concertos, etc. Entre outros/as, participarán persoas como Joan Solé Camardons, Carme Junyent, Jasone Osoro, Irati Anda, Séchu Sende…

Este encontro terá lugar na Facultade de Letras da UPV, en Gasteiz, e estruturarase en tres partes:

A- Parte académica (de 9.00 h a 11.00 h), aberta ao público, encamiñada a reflexionar sobre diferentes aspectos da normalización lingüística: experiencias, novas tecnoloxías, etc.

B- Traballo dos mozos e mozas participantes. Parte deseñada e desenvolvida pola propia mocidade.

C- Parte lúdica, polas tardes, onde se compartirá o ocio e se coñecerán diversos aspectos da cidade.

Para participar neste encontro hai que enviar os datos persoais a gazteria@vitoria-gasteiz.org ou chamar ao teléfono 945 161616, ext 3211 e preguntar por Modesto.

Máis info>

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio