En Oroso, as receitas do Entroido saben mellor en galego

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Oroso convoca un concurso de receitas de Entroido para contribuír a promocionar a lingua na gastronomía durante esas festas

BASES DO CONCURSO EN GALEGO SABE MELLOR, DO SNL DO CONCELLO DE OROSO

PRIMEIRA

Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos estabelecidos

SEGUNDA

O concurso está dirixido a persoas adultas maiores de 16 anos

TERCEIRA

As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización

CUARTA

Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita

QUINTA

Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante

SEXTA

Os/as concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10.00 h a 13.00 h e de 17.00 h a 20.30 h e os sábados de 10.00 h a 13.00 h, tendo como data límite de presentación o 1 de marzo de 2011, antes das 13.00 h. No día indicado pola organización (que será comunicado coa antelación suficiente) deberase presentar, ademais, o prato cociñado da casa

SÉTIMA

Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor ou autora

OITAVA

O día 5 de marzo, ás 19.30 h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral

NOVENA

Os premios dos/as gañadores/as serán os seguintes:

-Gañador/a: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

-Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA

A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio