En Narón, do berce á rúa, medrando coa lingua

Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queren darlles desde o Concello de Narón os parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena, así como achegarlle algúns argumentos e materiais para axudar no inicio do camiño do uso do galego

O Concello de Narón, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), puxo en marcha a campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! para, segundo sinalan, “achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena”, xa que “nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude”.

Deste xeito, desde o sitio web da campaña (www.naron.es/web/do-berce-a-rua), achegan un pequeno léxico trilingüe galego-español-inglés que incorpora as palabras que serán máis importantes para os nenos e as nenas nos primeiros anos, cantigas e xogos e un espazo con recursos para aprender e xogar co bebé.

Dentro da campaña tamén facilitan un medidor para rexistrar o desenvolvemento do neno ou da nena dunha forma orixinal que permite tamén poñer as súas fotos, así como un triángulo para indicar no vehículo que o bebé vai a bordo.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio