En Nadal, tamén a túa mesa en galego

Símbolo de orixe e calidade, valor engadido, sorpresa, con sumo gusto... Durante estas festas é habitual xuntarse ao redor dunha mesa para comer, e hai produtos de calidade etiquetados en galego que podemos utilizar. Viños, licores, auga, cervexa, carnes, lácteos e queixos, marmeladas, mel, aceite...

Deste xeito, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no seu web un especial co título Este Nadal, a túa mesa, en galego, no que se recollen unha serie de recomendacións para utilizar algúns produtos etiquetados en galego, como viños de arredor de 150 adegas; auga; licores; produtos cárnicos (xamón, chourizo, carne fresca, etc.); queixos e lácteos; marmeladas; conservas vexetais e infusións; mel; ou aceite.

Podes consultar o especial Este Nadal, a túa mesa, en galego aquí.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio