En galego tes todo por vivir. Tócache!, é o lema da continuación da campaña E logo! que nos próximos días vai comezar a ter presenza publicitaria nos medios de comunicación e que será o marco dunha serie de actividades lúdicas e de dinamización lingüística.
Asociado á campaña actualizouse o web de galegoelogo.com, ao que agora se pode acceder tamén desde www.palabrasencadeadas.com. Nese espazo na rede irase dando conta das diferentes iniciativas.
Asociado á campaña actualizouse o web de galegoelogo.com, ao que agora se pode acceder tamén desde www.palabrasencadeadas.com. Nese espazo na rede irase dando conta das diferentes iniciativas.
Primeiras iniciativas
A Mesa pide a suspensión da campaña
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a suspensión inmediata” desta nova campaña e “que o diñeiro previsto para ela se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído”. Segundo o presidente da Mesa, “sobra propaganda e faltan medidas”.
- Publicidade: haberá novos anuncios na televisión, cuñas de radio, cartelaría, anuncios na prensa, etc.
- Palabras con gancho: xogo no que se lles distribuirán palabras ás persoas participantes coa finalidade de que as leven a diversos sitios, lles fagan fotos, vídeos, as enganchen con outras palabras, haxa quedadas de portadores/as de palabras, se conten as súas vivencias na rede, etc. [+info]
- Enfoca o galego II: nova edición do concurso de fotografía a palabras ou frases en galego en lugares públicos. [+info]
A Mesa pide a suspensión da campaña
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a suspensión inmediata” desta nova campaña e “que o diñeiro previsto para ela se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído”. Segundo o presidente da Mesa, “sobra propaganda e faltan medidas”.
A nova nos medios
- O xogo das palabras encadeadas dá pé á nova campaña de Política Lingüística para a promoción social da lingua galega (web da Xunta)
- A secretaria xeral vén de presentar unha nova campaña para a promoción do galego (Vieiros)
- A Mesa reclama a suspensión da nova campaña de propaganda de Política Lingüística e que o diñeiro se reinvista en introducir o galego en ámbitos nos que está excluído (web da Mesa)
- A Mesa reclama a suspensión da nova campaña de Política Lingüística (GzNación)
- A Mesa pide a la Xunta que cese la campaña de promoción del gallego presentada hoy (El Correo Gallego)
- As palabras galegas, en xogo (El Correo Gallego)
- O galego, lingua útil (Galicia Hoxe)