Neste certame pode participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. Para facelo, deberán presentar unha composición plástica orixinal inspirada nun dos 15 textos poéticos facilitados pola organización.
Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol organizará unha exposición pública en maio de 2011.
O prazo para entregar os orixinais remata o 23 de marzo.
+Info e bases completas >
En galego, sen filtro. Certame de creación para o alumnado de Ferrol
O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra organizan o XI Certame de creación artística, poesía e imaxe En galego, sen filtro, que ten como obxectivo concienciar o alumnado sobre a realidade plurilingüe galega e mundial