En galego sempre somos. Comeza o Correlingua 2011

45.000 rapaces e rapazas participan nunha nova edición do Correlingua, que percorre 15 comarcas do país entre o 2 e o 13 de maio, e no que participan 400 centros de ensino e co que colaboran varias organizacións sociais e varias entidades públicas

O Correlingua está organizado pola AS-PG, a CIG-Ensino, a Mesa, e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das deputacións de Lugo, da Coruña e de Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo.



Para este ano elixiuse como lema da actividade “En galego sempre somos”, sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión da nosa identidade colectiva e xa que logo, como medio de unión entre as galegas e galegos.



Premios do Correlingua 2011

Unha das accións previas ao desenvolvemento da carreira é a convocatoria de varios concursos, nos que participan de xeito activo moitos centros de ensino.

O premio á elaboración do manifesto foi para o IES Agra de Leborís, da Laracha; o de banda deseñada para o CPI San Martiño, de Pontevedra; e o de vídeo para o IES Fontem Albei, da Fonsagrada.

No concurso musical Cantalingua participaron máis de 30 grupos, e resultaron gañadores Zënzar, Som do Galpom e Sacha na hora, que actuarán nas festas final de carreira, na que tamén actuará o mago Martín Camiña e o músico Pablo Díaz.

CALENDARIO

-2/5/11: Santiago de Compostela

-3/5/11: Baixo Miño – Salceda de Caselas

-4/5/11: A Coruña

-4/5/11: O Morrazo – Bueu

-5/5/11: Ferrolterra – Narón

-6/5/11: A Mariña – Burela

-6/5/11: A Estrada

-9/5/11: O Carballiño

-9/5/11: A Ribeira Sacra – Monforte de Lemos

-10/5/11: Pontevedra

-11/5/11: O Salnés – Vilagarcía de Arousa

-11/5/11: Lugo

-12/5/11: Vigo

-13/5/11: Ourense

-13/5/11: Monterrei – Verín

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio