En galego! Pásao! Arredor de 45.000 rapaces e rapazas no Correlingua 2009

As carreiras pola lingua comezarán o día 5 de maio en Vigo e Pontevedra e rematarán na Coruña o 15, e percorrerán 14 comarcas galegas baixo o lema ‘En Galego! Pásao!’. En total participarán arredor de 45.000 rapaces e rapazas duns 500 centros de ensino de toda Galiza.

Arredor de 45.000 rapazas e rapaces duns 500 centros de ensino de todo o país participarán na edición 2009 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000 e que este ano contará con 14 carreiras a prol da lingua que se van celebrar en 14 vilas de Galiza. Os actos comezarán en Vigo e Pontevedra o 5 de maio e rematarán na Coruña o vindeiro día 15.

O Correlingua está organizado pola Federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo, e conta tamén coa colaboración dos Concellos da Coruña e Ourense e as deputacións da Coruña e Lugo; así como doutros concellos das comarcas implicadas.

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

CALENDARIO

Vigo: 05/05/2009

Pontevedra: 05/05/2009

Ourense: 06/05/2009

Santiago de Compostela: 07/05/2009

Ribeira Sacra: 08/05/2009 (Monforte)

Monterrei: 08/05/2009 (Verín)

Lugo: 11/05/2009

A Mariña: 12/05/2009 (San Cibrao)

Barbanza: 12/05/2009 (A Pobra do Caramiñal)

Baixo Miño: 13/05/2009 (Tui)

Ferrolterra: 13/05/2009 (Ferrol)

Salnés: 14/05/2009 (Vilagarcía de Arousa)

A Estrada: 14/05/2009

A Coruña: 15/05/2009

Información completa no web do Correlingua.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio