E ti, como difundirías o galego na rede?

Novaxove.com pon en marcha un concurso de ideas de como difundir o galego a través da rede. O premio, unha cámara de vídeo; o prazo, até o 11 de maio.

As redes sociais son un fenómeno que cobrou gran importancia nos últimos tempos e que se usan para difundir ideas e obxetivos. Tamén para axudar a que o galego chegue a máis xente. E Novaxove.com quere que todo o mundo axude a difundir a nosa lingua.

De cara á celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, queren que lles contes que iniciativa porías ti en marcha na rede para difundir o galego.

Todos as persoas que participen serán agasalladas cunha camiseta conmemorativa e quen dea a idea máis orixinal ou mellor presentada levará ademais unha cámara de vídeo.

O prazo, até o luns 11 de maio. As ideas deben deixarse no foro de Novaxove.com.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio