E se Google lle dedicase o seu logo ao galego o 17 de maio?

O Día das Letras Galegas cumpre neste 2012 50 anos e, para celebralo, Galegolab propón que Google lle dedique o seu logo (doodle) ao galego o 17 de maio. Apoias esta proposta? Pois podes asinar...

Podes asinar aquí >

Este é unha idea que naceu en Galegolab, unha rede social de crowdsourcing na que, mediante a combinación de traballo de diversas persoas, se promoven accións concretas a prol da lingua galega.

Dende hai un tempo Google vén ofrecendo unha visión plural das diversas realidades culturais do estado dedicándolle o seu doodle (logo) a festividades como, por exemplo, a Feria de Abril, a Tamborrada de Donosti ou os patios cordobeses.

Dado que este é o buscador máis empregado na Internet, desde Galegolab consideran que o feito de conseguir que lle dediquen unha versión do seu logo ao Día das Letras Galegas sería unha gran promoción, posto que o adoitan ligar con entradas ou seccións da nova, o cal sería unha gran publicidade para o día das nosas letras a nivel estatal.

Para darlle o visto e prace, Google valora o apoio popular, polo que, se apoias esta proposta, podes asinar aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio