“É exemplar a forte implicación do profesorado e do alumnado dos ENDL coa creación de novos espazos de uso para a lingua galega na escola”. Entrevista a Mercedes Queixas

ENTREVISTA: por Valentina Formoso

Mercedes Queixas Zas é, desde marzo de 2007, coordinadora territorial dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino non universitario para a provincia da Coruña. Nesta entrevista feita por Valentina Formoso para o web da CTNL fálanos do seu traballo e da situación da normalización do galego neste eido.

Poderías concretarnos cal é o traballo que desenvolvedes os/as coordinadores/as territoriais dos ENDL?

O noso traballo do día a día pretende responder a dous obxectivos básicos: asesorar e dinamizar os equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros educativos, tanto públicos como concertados. Tratamos de dar resposta ás súas dúbidas a respecto de como planificar lingüisticamente o seu centro, coordinar o seu traballo con outros centros educativos, próximos ou non, poñelos en contacto cos servizos de normalización lingüística existentes en moitos concellos para vehicular o traballo do centro educativo no contorno e viceversa, asesoralos na elaboración de proxectos de innovación en normalización lingüística ou proxectos de fomento do uso do galego no ensino, etc.

Sodes suficientes os catros coordinadores provinciais para abarcar todos os centros de ensino ou cumpriría unha rede con máis persoal ou quizais con outras “sub-coordinacións” comarcais ou por zonas?

[…]

DESCARGA A ENTREVISTA COMPLETA EN FORMATO .PDF

Algunhas frases destacadas:

“Coido que a inmensa maioría das persoas que traballamos no ámbito da dinamización lingüística no ensino concordabamos en que era preciso mudar dinámicas e renovar azos para non caermos no camiño da sempre ameazante regresión”

“Para este curso 2008-09 conseguimos dar resposta a unha desas reclamacións históricas: adiantar a publicación da convocatoria de axudas aos proxectos dos ENDL ao mes de setembro”

“É exemplar a forte implicación do profesorado e do alumnado dos equipos coa dinamización da lingua galega e coa creación de novos espazos de uso para esta na escola”

“É moito máis doado retroceder que avanzar e iso non parece que cadre cunha sociedade que acredita no progreso e no futuro”

“Moitos compañeiros e compañeiras asumiron un traballo engadido ao que lles era propio, como docentes, sen apenas formación específica nin contrapartida económica”

DESCARGA A ENTREVISTA COMPLETA EN FORMATO .PDF


Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é coordinadora provincial dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) da Coruña. Até marzo de 2007 exerceu de profesora de lingua e literatura galegas no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É, ademais, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

Valentina Formoso é coordinadora do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio