E chegou o Dioivo, un novo medio en galego para o país da chuvia

Naceu Dioivo, un novo xornal dixital para contar e contrariar e para facelo, ademais, en galego; un proxecto cooperativo e aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas

“Contar e contrariar”. Ese é para Dioivo.eu, segundo se declara no seu web, “o alimento do xornalismo, a garantía da súa pervivencia. O que nos gusta, e nos peta e nos dá a gana. Contar e contrariar son tamén os verbos que activan este proxecto aberto e de urxencia ao que chamamos dioivo e que só aspira a envorcar na rede o produto dunha obsesión compartida: a información interpretada e o relato crítico da realidade galega. Reportaxes, crónicas, entrevistas, blogs, humor gráfico, vídeo, opinión… que cuestionan, desde o medio dixital, a vixencia dos xéneros e de certos tópicos informativos. Sempre con ironía, mesmo con impertinencia. Con poesía se somos quen. En palabras ou imaxes. Como poidamos e saibamos facelo. Con independencia. E en galego, of course.”
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio