Ambas as dúas publicacións, financiadas pola SXPL, teñen como obxectivo achegarlle a lingua galega a aquelas persoas recén chegadas a Galicia.
O Manual práctico para o desenvolvemento do galego no ámbito laboral está destinado a aquelas persoas que queren incorporarse en Galicia ao mercado laboral. Nel faise un percorrido por algunhas actividades económicas e repara no vocabulario máis empregado así como nalgúns exemplos de situacións nas que se utilizan. Así mesmo ofrece pautas para a elaboración dun currículo, para enfrontarse a unha entrevista de traballo, etc.
A Guía didáctica para a promoción do idioma galego no traballo doméstico está destinada aquelas persoas recén chegadas a Galicia que traballan no fogar e ofrece algún vocabulario básico de diferentes, así como exemplos de uso, receitas, etc.
Ambas as dúas publicacións conteñen, na súa parte final, un apartado de galego útil na que se fai un repaso polos campos semánticos máis básicos: horas, números etc.
Dúas novas publicacións para fomentar a normalización do galego no ámbito laboral
A Asociación Plataforma polo Emprego e a Asociación de empregadas do fogar Xiara veñen de publicar dous materiais que buscan promover o uso da lingua galega