Os “Formularios procesuais en lingua galega”, dispoñíbeis neste enderezo, consiste no labor de tradución e renovación dos escritos máis habituais da práctica da avogacía co fin de poder ofrecelos para outros usos vindeiros entre este colectivo profesional. Este proxecto, que fora iniciado no ano 2008, conta coa participación dun numeroso grupo de avogados e avogadas pertencentes ao colexio de Santiago en estreita colaboración co tratamento lingüístico achegado por un grupo de lingüistas.
Pola súa banda, “As leis en galego” é o título doutro novo recurso, unha páxina web na que se ofrece unha recompilación dos textos legais publicados no noso idioma. Ademais nesta páxina tamén se engadirán outros textos de interese lingüístico, como a normativa sobre as linguas ou as principais resolucións xurisprudencias sobre esta materia.
Dous novos recursos para o galego xurídico dispoñíbeis na rede
O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela vén de pór dous novos recursos para o galego xurídico: trátase, en primeiro lugar, do proxecto “Formularios procesuais en lingua galega” e “As leis en galego”.