Dolce Vita é a marca dun grupo de centros comerciais portugueses con presenza en toda a Península Ibérica que pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven”, mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.
Desde a Ciberirmandade cren que “sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.”
Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.
Dolce Vita, novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala
O novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala é Dolce Vita, a marca dun grupo de centros comerciais portugueses a quen lle queren pedir o uso de galego nos estabelecementos que abren na Coruña.