Do latín ao galego cordial ou ao acento de Burgos. A Historia da Lingua galega en banda deseñada para xente nova e madura

A historia da lingua galega contada en debuxos por Pepe Carreiro en tres versións: en libro para xente nova, en libro para xente madura e nunha exposición. A Nosa Terra publica Do latín ao galego cordial (versión para xente madura), Do latín ao galego de Burgos (versión para xente nova) e unha exposición

É curioso, pero en Galiza non se falou sempre galego. Non, castelán tampouco, nin inglés. Na altura na que en Galiza non se falaba aínda galego, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, tamén non sabían nada do inglés.

Edicións A Nosa Terra acaba de publicar a historia da lingua galega en banda deseñada, con debuxos e guión de Pepe Carreiro, e fíxoo en dúas versións:

Historia da lingua galega. Do latín ao galego cordial (versión para xente madura)

64 páxinas

ISBN: 978-84-8341-463-7

7.50 €

Historia da lingua galega. Do latín ao galego de Burgos (versión para xente nova)

64 páxinas

ISBN: 978-84-8341-464-4

8.00 €

Os libros contan, ao longo das súas 64 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. Son libros de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, fanse de moi doada lectura.

Os libros estrutúranse arredor de doce períodos:

-Que lingua falaban en Galiza antes da romanización

-A romanización

-A lingua de Galiza durante 700 anos

-Ao principio, lingua oral

-Conversión en lingua escrita

-A penetración do castelán

-Os Séculos Escuros

-A Ilustración

-O Rexurdimento

-O século XX

-A persecución no 36

-A lingua galega hoxe

Ademais, unha exposición itinerante

O proxecto inclúe tamén unha exposición de 20 paneis que recolle os fitos máis importantes da historia da nosa lingua, tamén cos debuxos de Pepe Carreiro, de maneira que os e as visitantes poidan ter unha visión global e completa despois de a percorreren.

Á parte, a exposición conta unha unidade didáctica que posibilita que os rapaces e as rapazas poidan traballar sobre as cuestións expostas no libro. Polas súas características, a exposición está especialmente pensada para o público infantil e xuvenil.

A exposición inaugurouse xa en Pontevedra, na biblioteca pública, onde permanece durante todo o mes de maio.

Os concellos que desexen exhibir esta mostra didáctica poden solicitala no teléfono 986 433 830 de Edicións A Nosa Terra.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio