Dispoñíbel na rede o primeiro manual para Ubuntu en galego

A Oficina de Software Libre da USC e o Concello de Dodro editaron Comezar con Ubuntu, o primeiro manual en galego para principiantes do sistema operativo Ubuntu. O manual está dispoñíbel para descargar de balde na rede

Comezar con Ubuntu 10.04 é unha guía para principantes do sistema operativo Ubuntu. Está escrita cunha licenza de código aberto e é de balde para descargar, ler, modificar e compartir. O manual axudaralle a familiarizarse coas tarefas diarias: navegar pola Web, escoitar música ou escanear documentos. Poñendo énfase na sinxeleza ao seguir as instrucións, e é axeitado para todos os niveis de experiencia.

Esta guía está editada polo Concello de Dodro e mais a Oficina de Software Libre da USC, co patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia e a colaboración do Proxecto Trasno.

Información completa en http://ubuntu.usc.es/manual/
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio