Hai unhs meses anunciabamos que a Consellaría de Innovación e Industria e a CRTVG ían pór na rede unha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego que estabelecerá criterios xerais de adaptación dos nomes de lugar estranxeiros e indicacións para a súa pronuncia.
Este atlas, que se pode consultar no web www.crtvg.es/atlas, vén responder a ese convenio de colaboración, aínda que, polo momento, está na súa fase de probas.
Dispoñíbel na rede a versión en probas do Atlas Mundial Galego
Xa está dispoñíbel na rede o Atlas Mundial Galego na súa versión en probas, onde se poderá consultar os exónimos e a súa adaptación ao galego.