Difusión lingüística na TVG da man de Ben falado!

O luns 21 de xullo comezou, en horario matinal, a emisión de Ben falado!, un microespazo televisivo de 5 minutos da TVG dedicado á lingua galega. O programa está dirixido e presentado por Xesús Ferro Ruibal, académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

No programa, que se emite ás mañás, explicaranse diferentes curiosidades arredor da toponimia, a onomástica, o léxico ou a gramática, farase un percorrido pola historia da linga ou a presenza do galego en diferentes ámbitos da vida actual, as novas tecnoloxías etc.



En palabras do seu director, o estilo do programa, que está promovido e financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende “ensinar deleitando, cun espírito cordial e positivo”


VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio